We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

De C​ó​rgomo a Fair Oaks

by Raúl Diz

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Ao reiseñor 02:48
Reiseñor meigo que no agro frorido arrolas cantando ao serán durmido ouh doce trobeiro! Reiseñor meigo que no agro vizoso arrolas cantando ao serán formoso ouh doce trobeiro! Arrolas cantando no serán durmido que escoita a cantiga do son esvaído ouh doce trobeiro! Arrolas cantando ao serán formoso que ouve o feitizo do son garimoso ouh doce trobeiro!
2.
Liorta 02:44
Os alfinetes do ourizo feriron as mans do vento i este, cheo de carraxe polo mal que lle fixeron, dálle ao ourizo nos fociños, ráchallos, pínchalle as moas, brasfema, e sigue o camiño.
3.
Aí vén o Maio pola porta do xardín, aí vén o Maio de enterrar o pai Abril, (O Maio garrido, cansiño de chorar, enxoitou o seu pranto cos panos de luar). Aí vén o Maio pola porta da campía, aí vén o Maio, galán da cotovía, (O Maio garrido, tiña un cambai brunedo, o sol esfarrapoullo cos seus dourados dedos). Aí vén o Maio pola porta da devesa, aí vén o Maio cos seus brincos de cireixas, (O Maio garrido, anda a bebe-los ventos, pola terra, rapaza de doces arrecendos). Aí vén o Maio pola porta do soutelo, aí vén o Maio co seu colete amarelo. (O Maio garrido, nos intres de vagar, co mestre rouxinol adeprende a cantar). Aí vén o Maio pola porta do valado, aí vén o Maio co seu traxiño branco. (O Maio garrido, para saudar o vran, pon luvas de etiqueta con frores de San Xoán). Aí vén o Maio. Ábrelle as portas, moza, que trai, por gorentarte, caraveles e rosas! Alí vén o Maio, Maíño, Maiolo; na verde camisa botois de amerodos; monteira frorida, a roupa das festas; e un caraveliño por riba da orella; pieites de silveiras piéitanlle o cabelo, anda a namorare coma un mozo cedo.
4.
O matachín eucalipto, cos afiados coitelos, nunha matanza de azúes pon en anacos o ceo; a graxa do sol derrete; rustre os roxos das estrelas e na vixiga da lua, do luar garda a manteiga.
5.
Fortes brazos de silveira o camiño apadumaron; anda a laiarse o silenzo da puñelada dos carros que lle fendeu as entranas; pola forca dun arame o parreiral enforcado bota a lingua para afora, o probe corpo estordega, e remela os verdes ollos nas ánseas da morte fera.

about

Letras: Florencio Delgado Gurriarán
Música: Raúl Diz
Gravado e mesturado por Raúl Diz en maio de 2022
Masterizado por Tomás Ageitos
Portada: deseño de Noel Feáns a partir dun debuxo de José de Castro Arines

credits

released May 9, 2022

Todos os instrumentos e voces Raúl Diz

license

all rights reserved

tags

about

Todomedre Ourense, Spain

Os Amigos dos Músicos / Raúl Diz

contact / help

Contact Todomedre

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like De Córgomo a Fair Oaks, you may also like: