We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Non pare a festa

by Os Amigos dos Músicos

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

1.
Vai de primeiro o señor boteiro. Tanxen campás, son rebuldeiro. Séguelle a gárgola de Celanova montando estrondo cunha tixola. O vellarrón vén de Riós facendo ruído co seu tambor. E unha mázcara que é da Xironda bate que bate na cazarola. Chegan de Baños catro charrelos con pandeiretas. Dá xenio velos! E logo vai un chocalleiro, que en vez de chocas trouxo un pandeiro. A peliqueira das Teixugueiras sopra na gaita. Viva a gaiteira! E o follateiro que é un pouco rosmón peta no bombo: pom-pom-pom-pom. Felos de Esgos e Boborás tocan nas cunchas: chascarraschás! Unha bonita dirixe a orquestra; todos a miran, moito lle presta! Un madamito e unha madama montan barullo cunha gadaña. Dende Buxán a barullada ármana as máscaras con sachos e aixadas. Touro e xigante de Celavente con aturuxos moven a xente. E o cabreiro vén de Muíños cantaruxando «O Miudiño». O vixigueiro, que é de Samede, sen que llo manden tira foguetes. E a Marela que che é moi !na lanza confeti e serpentinas. Dende a Veiga chegou o boi. Queredes viño? Traio un bocoi! E xa pechando a comitiva o fedelloso papa na bica. Vai de primeiro o señor boteiro. Tanxen campás, son rebuldeiro. Séguelle a gárgola de Celanova montando estrondo cunha tixola. O vellarrón vén de Riós facendo ruído co seu tambor. E unha mázcara que é da Xironda bate que bate na cazarola. Chegan de Baños catro charrelos con pandeiretas. Dá xenio velos! E logo vai un chocalleiro, que en vez de chocas trouxo un pandeiro. A peliqueira das Teixugueiras sopra na gaita. Viva a gaiteira! E o follateiro que é un pouco rosmón peta no bombo: pom-pom-pom-pom. Felos de Esgos e Boborás tocan nas cunchas: chascarraschás! Unha bonita dirixe a orquestra; todos a miran, moito lle presta! Un madamito e unha madama montan barullo cunha gadaña. Dende Buxán a barullada ármana as máscaras con sachos e aixadas. Touro e xigante de Celavente con aturuxos moven a xente. E o cabreiro vén de Muíños cantaruxando «O Miudiño». O vixigueiro, que é de Samede, sen que llo manden tira foguetes. E a Marela que che é moi fina lanza confeti e serpentinas. Dende a Veiga chegou o boi. Queredes viño? Traio un bocoi! E xa pechando a comitiva o fedelloso papa na bica. Non pare a festa, recoiro! Quero sitio no folión! Que o Entroido é para enchedoiros e aquí vén o máis lambón.

credits

released January 14, 2021

license

all rights reserved

tags

about

Todomedre Ourense, Spain

Os Amigos dos Músicos / Raúl Diz

contact / help

Contact Todomedre

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Non pare a festa, you may also like: